LOGO OFICIAL: RED NATURA 2000
LOGO OFICIAL: MEL DE GALICIA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA
PRODUCTO DE MONTAÑA (Reglamento UE 1151/12)
MONTAÑAS DE TREVINCA (Miel, Polen, gelea Real)
LOGO OFICIAL: AYUNTAMIENTO A VEIGA
INFORME DATOS REGISTRO MEL MONTAÑAS TREVINCA E FABA LOBA DAS MONTAÑAS DE TREVINCA.
MEL MONTAÑAS TREVINCA:
O programa Mel Montañas Trevinca comenzou no ano 2016 a apicultura ten unha importancia fundamental para o desenrolo rural, o equilibrio ecolóxico e constitúe a base para a conservación e a diversidade das plantas que dependen da polinización, tendo un efecto positivo no territorio, a maior parte do cal se atopa incluído no Espazo Natural Protexido da Red Natura 2000 (ZEC e ZEPA PEÑA TREVINCA).
O 24 de febreiro de 2017 foi aprobado mediante acordo plenario o Regulamento de Creación da Marca Montañas de Trevinca, e doutras medidas para o fomento da Apicultura no Concello de A Veiga”.
Paralelamente o Concello rexistrou a marca comercial Montañas de Trevinca no rexistro de Marcas da Oficina Española de Patentes e produtos co Nº 3.665.523.
Posteriormente tamén se adheriu ao distintivo “produto de Montaña” por ser un Concello incluído dentro dos Concellos de montaña segundo o Regulamento UE 1151/12.
En Setembro do 2019 a instalación de Prada obtivo o certificado para poder comercializar o produto coa denominación de orixe da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.
En decembro do 2020 participaba na XIX cata dos Meles de Galicia impulsada pola Consellería de Medio Rural e recibía o Quinto posto para Mel Multifloral e o Sexto posto para Mel Monofloral de Castiñeiro.
O Centro de Extración mel de Prada conta co Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimenticias e Alimentos (RGSEAA):ESPAÑA 23004103/OU CE
—————————————————————————————————————————————————————————
REGULAMENTO DA CREACIÓN DA MARCA “MONTAÑAS TREVINCA” E DOUTRAS MEDIDAS PARA FOMENTO DA APICULTURA NO MUNICIPIO DE A VEIGA.
A apicultura ten unha importancia fundamental para o desenvolvemento rural, o equilibrio ecolóxico e constitúe a base para a conservación e a diversidade das plantas que dependen da polinización, tendo un efecto positivo no territorio, a meirande parte do cal se atopa incluído no Espazo Natural Protexido da Rede Natura 2000 (ZEC e ZEPA PENA TREVINCA) .
A xeración de emprego estable, que contribúa a fixar poboación e impulsar a calidade de vida no medio rural de montaña ; a xestión do bosque, tratando de que o valor engadido, a través das correspondentes transformacións industriais, permaneza dentro do propio territorio ; a xeración da economía e do “emprego verde” para lograr a conservación dos hábitats, mantendo os usos tradicionais e incentivando a agroindustria, así como a promoción dos produtos locais son obxectivos prioritarios do Concello de A Veiga.
Considerando que os productos naturais das Montañas de Trevinca , posuen características particulares pola súa orixe , dependentes do relevo, clima, flora, da calidade da auga e doutros factores medioambientais , é polo que o Concello de A Veiga considera oportuno aprobar o presente regulamento e adoptar outras medidas para o fomento da apícultura no Termo Municipal de A Veiga .
Dende o Concello de A Veiga comezouse traballando na creación dun regulamento do uso da marca Montañas Trevinca, e outras medidas para poder comezar a crear un grupo de persoas interesadas no proxecto.
O regulamento foi publicado no BOP de Ourense nº 146, martes 27 de xullo do 2017.